Calendario de eventos
Hasta Viernes, 06 Marzo 2020
Curso de prevención de riscos laborais. Nivel básico. 1ª Edición 2020. Pontevedra
Data de inicio: 02 de Marzo , 2020
Data de fin: 06 de Marzo , 2020
Data de inicio da inscripción: 02 de Febreiro , 2020
Data de fin da inscripción: 28 de Febreiro , 2020
Duración (en horas): 35
Prazas: 75
Lugar de celebración: Centro Issga de Pontevedra
O número de prazas é limitado, polo que a inscrición pecharase no momento que se complete o aforamento dispoñible; mentres haxa prazas dispoñibles, poderanse enviar novas solicitudes ata a data de fin de inscrición.
Corresponde aos establecidos no Regulamento dos Servizos de Prevención (Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro).
Obxectivos
1. Proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións de xestión da prevención, establecida no artigo 35 do Regulamento dos servizos de prevención.
2. Proporcionar aos empresarios a formación e os coñecementos que os capaciten para xestionar a prevención nas súas propias empresas ou centros de traballo.
Contido
1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
2. Riscos xerais e a súa prevención.
3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
5. Primeiros auxilios.
6. Prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero.
Duración
Estes cursos teñen una duración de 35 horas e desenvolven o programa formativo establecido no anexo IV-B) do citado regulamento - 30 horas, cun engadido sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero de 5 horas.
Integran o nivel básico da actividade preventiva as FUNCIÓNS seguintes:
Promover os comportamentos seguros e a correcta utilización dos equipos de traballo e protección, e fomentar o interese e cooperación dos traballadores nunha acción preventiva integrada.
Promover, en particular, as actuacións preventivas básicas, tales como a orde, a limpeza, a sinalización e o mantemento xeral, e efectuar o seu seguimento e control.
Realizar avaliacións elementais de riscos e, no seu caso, establecer medidas preventivas do mesmo carácter compatibles co seu grao de formación.
Colaborar na avaliación e o control dos riscos xerais e específicos da empresa, efectuando visitas para o efecto, atención a queixas e suxestións, rexistro de datos, e cantas funcións análogas sexan necesarias.
Actuar en caso de emerxencia e primeiros auxilios xestionando as primeiras intervencións para o efecto.
Cooperar cos servizos de prevención, se é o caso.